09 Xul 2019

Vencedores do Rallye de Ferrol

A Escudería A. Ferrol pon a disposición dos siareiros un gran póster con todos os vencedores do seu rallye.

Nunha edición tan especial como a que este ano celebra o Rallye de Ferrol, a Escudería A. Ferrol quere facer unha homenaxe a todos os vencedores da proba, que se celebrou ininterrumpidamente dende 1970.

Carlos Arrojo e Julio Orozco foron os primeiros vencedores en decembro de 1970, co seu emblemático Abarth, no arranque dunha proba deportiva que se converteu co paso dos anos nun dos símbolos da cidade, e que gañou prestixio e calidade para converterse nunha das mellores do Campionato de España de Rallyes de Asfalto.

Cinco anos despois do seu nacemento, a proba xa conseguiu ser puntuable para o campionato nacional durante seis edicións, entre 1975 e 1980. A partir de aquí, case un cuarto de século no Campionato Galego de Rallyes, para retornar ao Campionato de España no 2005, no que se mantén constante ao longo de todos estes anos. 

Foron cuarenta e nove edicións ata chegar ao 2019, e os coches gañadores en cada unha delas foron plasmados nun gran póster que fará as delicias dos siareiros. Un trozo da historia do automovilismo, que permanecerá indeleble e a bon recaudo entre os que consigan esta obra. 

Dende o Seat 600, Porsche 911, Lancia Stratos, Ford Escort, Renault 5 Turbo, Sierra Cosworth… e pasando por todas as categorías como os Kit Car, N+, S2000, GT Rallye; incluso un WRC gañou o rallye ata chegar aos R5 actuales co Citroën DS3 como último gañador. 

Non foron tantos os pilotos que subiron ao primeiro peldaño do pódium, porque algún deles repetiu vitoria en varias ocasións. Germán Castrillón-Estrella Castrillón son os que ostentan o récord de vitorias cun total de dez. Marc Etchebers ten catro vitorias, sendo o único piloto extranxeiro que gañou. Carlos Piñeiro, Manuel Senra o Alberto Hevia subiron tres veces ao caixón superior. 

A partir da próxima semana, os siareiros podrán obter o póster en Rallycar e os días do Rallye no Recinto Ferial FIMO (Zona de Asistencia do Rallye) polo módico prezo de cinco euros. Un prezo ao alcance de todos, e que sen dúbida fará que as unidades limitadas de esta obra se esgoten cedo.

Toda a información sobre o rallye está sendo actualizada constantemente na web www.rallyeferrol.com así como nas redes sociales.