O venres 19 de xullo de 2019 se desenrolará unha proba especial de Calificación (TCC) para os pilotos prioritarios. Esta proba disputarase sobre unha estrada de similares características ás empregadas nos treitos cronometrados do ralli e servirá, asimesmo, para levar a cabo o Shakedown para o resto dos equipos que se inscriban ao mesmo.
Anque esas probas organizanse de acordo coa normativa prevista no Art. 23 do Regulamento Deportivo do CERA 2019, recoméndase ter en conta as seguintes particularidades:
Shakedown
Dentro do horario estabelecido, os participantes inscritos poderán dar o número de pasadas que estimen oportuno.
Treito Cronometrado de Calificación (TCC)
De acordo co Art. 3.1.5 do Regulamento Deportivo do CERA 2019, o Carnet de Ruta para os pilotos participantes no TCC, seralles entregado na súa primeira pasada polo Shakedown.
Os neumáticos usados na proba de Calificación (TCC) deberán cumplir coa normativa do Regulamento Deportivo do CERA 2019, e non serán computados para o límite máximo de neumáticos permitidos na proba.
Finalizado el TCC, os vehículos deberán ser conducidos ao Parque Pechado previsto, que estará situado na Zona de asistencia no Recinto Feiral FIMO e permanecerán no mesmo ata a súa apertura. Está prohibida toda asistencia aos vehículos dende que finalicen o TCC ata a súa chegada a devandito Parque Pechado.
Dereitos de Inscripción
Tanto os equipos que deban de realizar o Treito de Calificación coma os que desexen efectuar o shakedown deberán solicitalo cumplimentando o apartado previsto a tal efeito no formulario de inscripción (vía web). O importe dos dereitos de inscripción ao Shakedown estabelecese en 200 euros aceptando a publicidade optativa do Organizador. No caso de non ser aceptada devandita publicidade, o importe dos dereitos de inscripción será de 400 euros. Nestos dereitos inclúese a participación no TCC para aqueles equipos obrigados a realizalo.
Programa
Data |
Horario |
Acto |
Mércores 10/07/19 |
20:00 |
Peche inscripcións Shakedown, RFEDA |
Venres 19/07/19 |
09:3010:00 A 10:3010:30 A 12:0012:15 A 12:4513:1513:30 |
Publicación lista de participantes e hora de presentación no C.H. do TCCShakedown – Só Pilotos PrioritariosShakedown TODOS OS PILOTOSTreito cronometrado de calificación (TCC)Publicación Clasificación Final TCCApertura Parque Pechado TCC e Elección orde de saida para a 1ª Etapa |
Localización:
A información correspondiente ao treito de estrada escollido como Shakedown entregaráse durante a entrega de documentación aos equipos inscritos. A lonxitude do treito escollido é de 3,170 Km.
Zona de Asistencia:
A zona de Asistencia prevista para o Shakedown é a mesma que para o resto do rali.