Participantes

Test Oficiales 54 Rallye de Ferrol

by | Xul 4, 2023 | Info Participantes

O 54 Rallye de Ferrol porá a disposición de todos os participantes inscritos a posibilidade de facer unha xornada de test (probas técnicas) cos seus vehículos de competición.

Terán lugar o mércores 16 de agosto de 2023  nun treito sito no Concello de Ferrol e celebraranse no horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h. Os pilotos poderán inscribirse a media xornada (4 horas) de mañá ou de tarde, ou a xornada completa (mañá e tarde).

Importe de media xornada de test (4 horas de duración):                           200 € + 10%IVE

Importe de xornada completa de test (8 horas de duración):                     400 € + 10%IVE

A inscripción deberá facerse obrigatoriamente a través do correo electrónico: inscripciones@rallyeferrol.com , enviando os datos do piloto/copiloto e coche, amáis da copia da transferencia bancaria – ES41 2100 5486 5002 0001 8971 (CaixaBank). O plazo de inscripción remata o luns 14 de agosto ás 14:00 horas ou cando se chegue ao número de equipos permitidos.