Participantes

Descripción 54 Rallye de Ferrol

by | Xuñ 23, 2023 | Info Participantes, Info Xeral

A Escudería Ferrol organiza o 54 Rallye de Ferrol, que se celebrará os días 19 e 20 de agosto 2023.

O 54 Rallye de Ferrol puntúa para os seguintes Campionatos e Copas:

  • Campionato de Galicia de Rallyes sobre asfalto (pilotos e copilotos).
  • Campionato de Galicia de Rallyes de Vehículos Históricos (pilotos e copilotos).
  • Copa de Galicia de Rallyes para a Agrupación 1.
  • Copa de Galicia de Rallyes para a Agrupación 2.
  • Copa de Galicia de Rallyes para a Agrupación 3.
  • Copa de Galicia de Rallyes para a Agrupación 4.
  • Copa de Galicia de Rallyes para a Agrupación 5.
  • Copa de Galicia de Rallyes para a Agrupación 6.
  • Copa de Galicia de Rallyes para a Agrupación 7.
  • Copa de Galicia de Rallyes para Escudarías.
  • Copa de Galicia de Rallyes para marcas de pneumáticos.
  • Trofeos e Copas de Promoción que designe a FGA

Distancia total do percorrido: 349,64 Kms.
Número total de treitos cronometrados: 7
Distancia total de treitos cronometrados: 102,98 Kms.
Número de seccións: 4
Número de etapas: 2
Número de tramos a recoñecer: 4

VEHICULOS ADMITIDOS

En todos os rallyes que puntúen para o Campionato e Copas de Galicia 2023 serán admitidos os vehículos seguintes:

  • Vehículos Grupo A ata 1600 cc. de acordo ó artigo 255 do Anexo J da FIA.
  • Vehículos Grupo A de acordo co artigo 255 e 255A (WRC 1.6) do Anexo J da FIA.
  • Vehículos Grupo N de acordo co artigo 254 do Anexo J da FIA.
  • Vehículos S-2000 de acordo co artigo 254A do Anexo J da FIA.
  • Vehículos R1, R2, R3C, R3T, R3D, R4, R5, de acordo cos artigos 260, 260D e 261 do Anexo J da FIA.
  • Admitiranse os vehículos do Grupo “X”, “G”, SCC, N5 (Maxi Rallye), e N6 (Maxi Rallye Galego).
  • Os vehículos admitidos no Grupo H serán todos os que pertenceron ao antigo “Anexo J”, do ano 1981 inclusive. Os vehículos que sexan posteriores pero de interese para o automobilismo galego, terán que solicitar a súa inclusión á Comisión Técnica da Federación Galega de Automobilismo. Se foran admitidos seralle expedido o “pasaporte de histórico” correspondente.

Ningún vehículo poderá participar en ningún rallye sen o “pasaporte administrativo” (X, G, SCC, H, N1, N2,N3, N5 e N6) expedido pola Federación Galega de Automobilismo.

Premios

Os premios e Trofeos que se entregarán serán aos 6 primeiros da Xeral (Piloto e Copiloto) e aos primeiros de cada Agrupación (Piloto e Copiloto) do seguinte xeito:

CLASIFICACIÓN XERAL SCRATCH  

 

AGRUPACIÓNS (1, 2, 3, 4 e 5)
1.500,00 Euros  e  2  Trofeos  (Piloto e Copiloto) 240,00 Euros e Trofeo
1.100,00 Euros  e  2  Trofeos  (Piloto e Copiloto) 120,00 Euros
  825,00 Euros  e  2  Trofeos  (Piloto e Copiloto)   90,00 Euros
  625,00 Euros  e  2  Trofeos  (Piloto e Copiloto)
  375,00 Euros  e  2  Trofeos  (Piloto e Copiloto) TOTAL PREMIOS
  325,00 Euros  e  2  Trofeos  (Piloto e Copiloto) 7.600,00 Euros

 Para recibir o premio acadado (tanto o metálico, como o trofeo) será indispensable a presenza na entrega de premios do piloto ou representante. No caso contrario, enténdese que se renuncia a eles, quedando en propiedade da organización.