O 53 Rallye de Ferrol – Suzuki contará tamén co TROFEO DEPUTACION DA CORUÑA, que é un certame de carácter nacional que non puntúa para ningún campionato.

Todos os participantes que queiran inscribirse neste certame, debén facelo directamente na páxina web da RFEdeA.

marcando a opción do certame TROFEO DEPUTACION DA CORUÑA.

Poden participar no Trofeo Deputación da Coruña os vehículos non admitidos no CERA-Recalvi 2022, en concreto os seguintes:

  • Gr.X
    • Vehículos non recollidos no cadro de vehículos permitidos no CERA-Recalvi, pero conformes ás especificacións da época.
    • Vehículos no recollidos no cuadro de vehículos permitidos no CERA-Recalvi e non conformes ás especificacións da época pero que sí teñan sido homologados para a especialidade.
    • Vehículos Prototipos E1 y E2 Nacional provintes, únicamente, de fabricantes tipo B rexistrados no ano en curso ante a RFEDA.
  • Gr.AUT
    • Vehículos admitidos pola Federación Autonómica nas condicións establecidas nos seus regulamentos.

Non se admitirán vehículos non homologados para a especialidade de rallyes.

Entre todos os vehículos participantes no 53 Rallye de Ferrol-Suzuki Trofeo Deputación da Coruña no haberá distinción de clases ou categorías. Haberá unha clasificación única que englobará a todo os participantes

Os números dos coches inscritos no Trofeo Deputación da Coruña, serán consecutivos ao derradeiro coche do Rallye Ferrol Suzuki (S-CER), e tomarán a saida consecutivamente e despois destos.

En relación ao límite máximo de inscritos permitidos no rallye, as inscripcións recibidas para o Rallye de Ferrol Suzuki (S-CER) sempre terán preferencia sobre das inscripcións recibidas para o Trofeo Deputación da Coruña.

Cada unha das competicións: Rallye de Ferrol Suzuki e Trofeo Deputación da Coruña terán clasificacións totalmente independientes.