24 Mai 2021

Rexistro para Equipos

Co obxectivo principal de preservar a saude de todos, e coma complemento do “PROTOCOLO SANITARIO DE REFUERZO SECTORIAL DE LA REAL FEDERACION ESPAÑOLA DE AUTOMOVILISMO”, a Escudería A. Ferrol ven de impulsar na organización do 52 Rallye Ferrol- Suzuki unha serie de medidas específicas, entre as que se encontra o REXISTRO de todo-los componentes dos equipos.

Todas as persoas relacionadas co rallye, tanto participantes, persoal de seguridade, comisarios, medios de prensa, e todo o persoal da organización, debén rexistrarse telemáticamente para obter unha acreditación (Código QR) que lles permita acceder ao recinto da zona de asistencia.

Ademáis, este rexistro permitiralle ó organizador cumprir coa sua obriga de poder localizar a toda-las persoas implicadas na proba no caso de que se produza un caso positivo.

Se es membro dun equipo (mecánico, enxeñeiro, xefe de equipo, outro persoal, catering, etc,  por favor enche este formulario:

[O formulario activarase o próximo 14 de agosto]

 

Para finalizar o rexistro, fai clic no enlace seguinte e recibirás un Código QR que sempre podes levar no teu teléfono móvil e co que podes acceder á zona de asistencia :

REXISTRO PARA MEMBROS DE EQUIPOS