A quincuaxésima edición do Rallye de Ferrol supondrá unha gran difusión da proba a nivel nacional e internacional.

A Escudería A. Ferrol redoblou os seus esforzos para que esta nova edición do rallye obteña a maior difusión posible. Coa súa inclusión dentro do TOUR EUROPEAN RALLY (TER) engadiuse un valor engadido que ven a sumarse a gran repercusión do Campionato de España de Rallyes.

Nesta ocasión a proba contará coa retransmisión en directo por TV do último treito do rallye, que ademáis será o TC Plus e otorga puntos extra aos tres primeiros clasificados. A TVG será a encargada de poñelo en antena a través do seu canle dedicado a deportes: TVG2. Será na tarde do sábado 20 de xullo.

Ademáis, o resumen de cada unha das etapas podrá verse ao final de cada unha delas a través do canle de Youtube: [https://www.youtube.com/user/nacionalrallyes]. Os compañeiros de Rallyes.net TV nos darán cumplida información, ao igual que fan en todas as probas do CERA, nas noites dos venres e sábado. 

En TDP de TVE será o xoves 25 cando podamos ver o programa Racing For Spain co resumen da proba. 

A nivel internacional, a colaboración entre o TER e TV Motorvision levará noticias e resumes da proba a máis de 30 canles e un alcance de máis de cen países de todo o mundo. Algún destes canles son: Samsung TV Plus, Sky, Sky Net, Amazon Video, Discover Digital, Sport 1, Orange Channels, TELEKOM, NOS, Telecom Slovenja, CPU, Vodafone TV,  True Vision, PrimeTel, etc.

Ademáis a proba contará con retransmisión radiofónica en directo e con programación exclusiva e ininterrompida dende o inicio ata o final do rallye. Cadena Dial será novamente a emisora que retransmita no 98.5 FM e vía streaming a través da web do rallye, co que se poderá escoitar en calquera parte do planeta. 

As clasificacións on-line pondrán toda a información ao instante a disposición dos siareiros, e podrán consultarse a través da web do rallye: www.rallyeferrol.com; da web: https://www.atodomotor.com/online/2019/ferrol ou da APP da RFEDA: RALLYES RFEDA.

O diario La Voz de Galicia elaborará e distribuirá o día anterior a proba un especial sobre o rallye con toda a información para os siareiros e público en xeral. Fará unha cobertura en directo da proba con todas a información na súa web, e un amplo resumo da proba na súa edición do domingo.