A quincuaxésima edición do Rallye de Ferrol xa ten o seu cartel. 

A Escudería A. Ferrol fai público o cartel desta edición tan especial do seu rallye. Unha imaxe que, como non podía ser doutra forma, centra toda a súa atención nas cores douradas que fan referencia as súas vodas de ouro.

No centro, o Suzuki Swift Sport R+ ilumina e da protagonismo a este diseño, realzando a marca que acompaña ao rallye desde fai uns anos como un dos seus principales patrocinadores.

O Rallye de Ferrol continúa cos seus preparativos e a menos dun mes para a súa posta en escena son varios os equipos que xa rexistraron a súa inscrición. Espérase unha nutrida participación, con todos os candidatos ao título nacional e tamén coa presenza de participantes foráneos inmersos no Tour European Rally. 

O esquema da proba será similar ao do ano pasado, con dúas etapas. Na tarde do venres, catro serán os tramos que afrontarán os pilotos. Un deles será o tramo urbano que habitualmente se celebra nas inmediacións do Recinto Ferial FIMO, e que nesta ocasión levará o nome de Carlos Arrojo, en homenaxe ao piloto que gañou a primeira edición do Rallye de Ferrol (1970). Na segunda etapa, disputada na xornada do sábado, serán seis tramos os que compoñan o recorrido. 

O Recinto Ferial FIMO será de novo o centro neurálxico da proba albergando a zona de asistencia, sala de prensa e dirección de carreira. Pola súa parte, a Avenida de Esteiro en pleno centro da cidade de Ferrol será de novo a protagonista do Parque Pechado, o pódium e as ceremonias de salida e de entrega de trofeos. 

Toda a información sobre o rallye vai sendo actualizada constantemente na web www.rallyeferrol.com así como nas redes sociais.