Participantes

Zona de Asistencia do 57 Rallye de Ferrol

by | Xuñ 12, 2026 | Info Participantes | 0 comments

Está previsto un único Parque de Asistencia ubicado no Aparcamento do Estadio A Malata. O devandito parque será utilizado asimesmo durante o desenrolo do Shakedown.

Data

Horario

Acto

Xoves 20/08/26
15:00

 

18:00 a 21:00
Acreditacións de vehículos de asistencias
Apertura do Parque de Asistencia
Entrada autorizada de Asistencias
Venres

21/08/26

08:30 a 17:30
10:30
Entrada autorizada de Asistencias.
Hora límite de entrada de vehículos de grandes dimensións

Calqueira vehículo que non dispoña da pertinente acreditación NON PODERÁ ACCEDER ao Parque de asistencias.

 

Plano da Zona de Asistencia: A Distribución dos equipos publicarase Proximamente

 

Dispoñible en formato PDF

Normativa da Zona de Asistencia

  • A organización do Rallye disporá de vixilancia na zona de asistencias, nas noites do xoves e venres.
  • A entrada á asistencia dos vehículos dos participantes inscritos no rallye abrirase ás 15:00h e cerrarase ás 21:00h do xoves, volvendo a reanudarse o venres dende as 08:30h até a finalización da 1a etapa. Os vehículos de grandes dimensións non poderán acceder a partir das 10:30 horas do venres.
  • Durante as noites do xoves e venres queda prohibida a entrada e saida do parque.
  • Segundo o establecido no Regulamento Deportivo, os equipos deberán deixar o lugar donde realizaron a asistencia nas mesmas condicións que encontraron á sua chegada, depositando o lixo e os materiais inservibles nos contenedores ubicados no propio P.A. No caso de incumplir esta medida serán sancionados cunha multa de 500€ de acordo có establecido no cadro de sancións.
  • Para acceder ao parque de asistencia deberase colocar a pegatina que será́ entregada na entrada do parque e na que se escribirá a matrícula do vehículo.
    Non se permitirá́ a entrada a ningún vehículo que non leve a pegatina de asistencia.
  • Queda prohibido mover os vehículos de asistencia unha vez estén ubicados dentro.
  • Os vehículos de asistencia que queiran abandoar o P.A. deberán seguir as indicacións do Xefe do Parque ou comisarios.
  • No caso de abandono de algún equipo participante deberán dirixirse ao Xefe de Parque para que autorice a sua salida ao exterior.
  • Non está permitido o acceso ao parque de asistencias a vehículos con acreditación de PRENSA ou adhesivos dos recoñecementos.

PARA CALQUERA CONSULTA OU DÚBIDA, CONTACTAR CO XEFE DE PARQUE.