Participantes

Shakedown do 57 Rallye de Ferrol

by | Xuñ 12, 2026 | Info Participantes | 0 comments

As características do treito do Shakedown son similares, no eido do asfalto e trazado, ás dos treitos polos que se disputará o Rallye.

A inscrición no mesmo non é obrigatoria e pódese facer, ou non, a exclusivo criterio de cada equipo.

Luns, 20 Xullo
10:00 Apertura de inscricións. Web Rally
Luns, 10 Agosto
20:00 Peche de inscricións. Web Rally
Venres, 14 Agosto
18:00 Publicación da Lista de Inscritos. Taboleiro de Anuncios
Venres, 21 Agosto
09:30-10:30 Verificacións Técnicas.

[Equipos participantes no Shakedown].

Porto de Ferrol
11:00-12:00 Shakedown vehículos duas rodas motrices. Balón
12:00-13:00 Shakedown vehículos catro rodas motrices Balón

– RECOÑECEMENTOS:
O treito ten coincidencia no percorrido, con treito do Rallye. Os recoñecementos do shakedown faranse os mesmos días, en vehículo de calle e sen superar a velocidade de 80 quilómetros/hora, ou a establecida poca sinalización viaria, dentro do horario marcado pola organización para os recoñecementos dos treitos.

– PARQUE DE TRABALLO:
A situación das asistencias será no mesmo lugar que para o desenvolvemento do rallye:
Situación:       Estacionamento do Estadio da malata.  [ https://maps.app.goo.gl/8Tr2EN1S5aS9oQ3B7]
                         N 43º29’26’’ W 08º14’29’’

O cambio de pneumáticos terase que facer obrigatoriamente no parque de traballo, así como o repostaxe do carburante, aínda que tamén se pode facer nas gasolineiras marcadas no libro de ruta.
Fóra do parque de traballo a asistencia só pode ser feita polo piloto-copiloto (equipo) e as posibles reparacións, cos medios que leven no vehículo de participación, quedando terminantemente prohibida calquera axuda externa.

CARACTERÍSTICAS DO TREITO:

Queda terminantemente prohibido a toma de tempos polo organizador e tamén calquera publicación dos mesmos.
O treito consta dun total de 3,24 quilómetros.
O parque de traballo, dende a meta do shakedown, queda a unha distancia de 10,22 quilómetros.
Dentro do cadro horario, os equipos participantes poden dar cantas pasadas estimen oportunas, por orde e criterio do equipo de saídas do shakedown.
Da chegada á saída, pola ruta alternativa, hai unha distancia de 9,77 quilómetros

ROADBOOK

Preme AQUI para descarregar o roadbook para Shakedown do 57 Rallye de Ferrol en formato PDF.