O peche das inscricións terá lugar ás 14.00 horas do lunes 12 de agosto de 2024.
A inscrición deberá realizarse obrigatoriamente de xeito on-line a través da páxina web do Rallye de Ferrol, facendo CLIC AQUI, ou na web da FGA: www.fga.es. A falta de calquera dos datos requiridos no formulario implicará que non se complete e, polo tanto, se refuse a mesma.
O xustificante de ingreso bancario terá que ser enviado ao enderezo de correo electrónico: inscripciones@escuderiaferrol.com antes do peche do prazo de inscrición, indicando o nome do piloto e o vehículo co que participa.
O número máximo de inscritos fíxase en 150 vehículos. No caso de superar esta cifra, a selección se fará dacordo co establecido no Regulamento Deportivo do Campionato Galego de Ralis.
O Comité organizador reservase o dereito de rexeitar unha inscrición dacordo co establecido no artigo 3.14 do CDI.
Os dereitos de inscrición fíxanse en:
Aceptando a publicidade obrigatoria:
- Rallye: 330 € + 33,88 € do aluguer do GPS obrigatório. TOTAL: 363,88 €
- Rallye + Shakedown: 480 € + 33,88 € do aluguer do GPS obrigatório. TOTAL: 513,88 €
NON aceptando a publicidade obrigatoria
- Rallye: 660 € + 33,88 € do aluguer do GPS obrigatório. TOTAL: 693,88 €
- Rallye + Shakedown: 960 € + 33,88 € do aluguer do GPS obrigatório. TOTAL: 993,88 €
Os dereitos de inscrición deberán ser satisfeitos a través de TRANSFERENCIA BANCARIA ao seguinte número de conta: ES41 2100 5486 5002 0001 8971 (CaixaBank)
A solicitude de inscrición non será aceptada:
- Se non se abonaron os dereitos de inscripción.
- Se non se cumprimenta o formulario en todos os seus apartados.
- Se non se indica na mesma o número da Ficha de Homologación do vehículo inscrito
Os Dereitos de Inscrición tan só serán reembolsados aos equipos que vexan rexeitadas as súas inscricións, ou no caso de que a proba non se desenvolvera. Non serán devoltos en ningún outro caso.