As características do treito do Shakedown son similares, no eido do asfalto e trazado, ás dos treitos polos que se disputará o Rallye.
A inscrición no mesmo non é obrigatoria e pódese facer, ou non, a exclusivo criterio de cada equipo.
Luns, 22 Xullo | ||
10:00 | Apertura de inscricións. | Web Rally |
Luns, 12 Agosto | ||
14:00 | Peche de inscricións. | Web Rally |
Xoves, 15 Agosto | ||
20:00 | Publicación da Lista de Inscritos. | Taboleiro de Anuncios |
Venres, 23 Agosto | ||
09:30-10:30 | Verificacións Técnicas.
[Equipos participantes no Shakedown]. |
Porto de Ferrol |
11:00-12:00 | Shakedown vehículos duas rodas motrices. | Esmelle |
12:00-13:00 | Shakedown vehículos catro rodas motrices | Esmelle |
– RECOÑECEMENTOS:
O treito non ten coincidencia, no percorrido, con ningún treito do Rallye. Os recoñecementos do shakedown faranse os mesmos días, en vehículo de calle e sen superar a velocidade de 80 quilómetros/hora, dentro do horario marcado pola organización para os recoñecementos dos treitos.
– PARQUE DE TRABALLO:
A situación das asistencias será no mesmo lugar que para o desenvolvemento do rallye:
Situación: FIMO Ferrol. [ https://goo.gl/maps/MYPutX4rpRtuqHa29 ]
N 43º29’34’’ W 8º14’35’’
O cambio de pneumáticos terase que facer obrigatoriamente no parque de traballo, así como o repostaxe do carburante, aínda que tamén se pode facer nas gasolineiras marcadas no libro de ruta.
Fóra do parque de traballo a asistencia só pode ser feita polo piloto-copiloto (equipo) e as posibles reparacións, cos medios que leven no vehículo de participación, quedando terminantemente prohibida calquera axuda externa.
CARACTERÍSTICAS DO TREITO:
Queda terminantemente prohibido a toma de tempos polo organizador e tamén calquera publicación dos mesmos.
O treito consta dun total de 3,17 quilómetros.
O parque de traballo, dende a meta do shakedown, queda a unha distancia de 7,19 quilómetros.
Dentro do cadro horario, os equipos participantes poden dar cantas pasadas estimen oportunas, por orde e criterio do equipo de saídas do shakedown.
Da chegada á saída, pola ruta alternativa, hai unha distancia de 2,08 quilómetros
ROADBOOK
Preme AQUI para descarregar o roadbook para Shakedown do 55 Rallye de Ferrol en formato PDF.