Participantes

Recoñecementos 55 Rallye de Ferrol

by | Mai 4, 2024 | Info Participantes | 0 comments

Os recoñecementos serán efectuados de conformidade ao Regulamento Deportivo de Ralis 2024.

Os recoñecementos Oficiais / libres efectuaranse en dous días, con dúas opcións (Opción 1: sábado, domingo; Opción 2: mércores, xoves). O Regulamento Particular da proba determinará o horario autorizado para facer os recoñecementos.
O equipo participante deberá elexir unha única opción entre as establecidas. Nos días escollidos poderá dar un número libre de pasadas, dentro do horario definido no Reglamento Particular da proba.

Sábado/Domingo, 17/18 Agosto
09:00-12:00 Recollida de documentación e GPS de recoñecementos (sábado). Rallycar
09:00-21:00 Recoñecementos (Opción1: sábado e domingo). Treitos
15:00-21:30 Devolución do GPS. Secretaría do Rallye
Mércores/Xoves, 21/22 Agosto
09:00-19:00 Recollida de documentación e GPS de recoñecementos Rallycar
09:00-21:00 Recoñecementos (Opción 2: mércores e xoves). Treitos
15:00-21:30 Devolución do GPS. Secretaría do Rallye

 

A velocidade máxima nos treitos a recoñecer, será de 80 km/h., e será controlada por  GPS, salvo zonas onde esté regulada unha velocidade inferior polas Autoridades ou polas características da vía.
Non está permitido circular en sentido contrario ó indicado no rutómetro polos treitos cronometrados. Circular marcha atrás nun treito cronometrado, sen causa xustificada, terá a consideración de circular en sentido contrario e será penalizado.
Os recoñecementos únicamente poderán ser realizados polos equipos inscritos no rallye (piloto e copiloto), podendo ser solicitado á Federación Galega de Automobilismo un cambio en algún deles. Prohíbese a presencia de outra persoa no vehículo, salvo que o piloto sexa menor de idade; neste caso a presenza dun terceiro ocupante no vehículo deberá ser solicitada e aprobada pola FGA
Cada equipo terá que notificar ó Comité Organizador, a marca, modelo e matrícula do vehículo que utilizará para os citados recoñecementos, que será de estricta serie.
Pola Federación Galega de Automobilismo notificarase ós Sub-Sectores da Garda Civil de Tráfico, para seguir un control rigoroso, e conforme ó Real Decreto 1428/2003 de 21 de Novembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Circulación para a aplicación e desenrolo do texto articulado da Lei sobre Tráfico, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 339/1990 de 2 de Marzo, dos recoñecementos e solicitarase o traslado das denuncias (D.G.T.) que se formulen por infraccións á normativa para adoptalas medidas federativas que no seu caso procedan.
O Comité Organizador designará un Comisario / Controlador, que informará e fará parte dos incumprimentos ó Comité Organizador, con posterior traslado ó Colexio de Comisarios Deportivos da Proba, así como da utilización do radar da FGA.
Entregaranse uns números para identificar os participantes durante os recoñecemtnos que serán de cor Laranxa Fluo, e terán que ir pegadas no parabrisas dianteiro (lado dereito superior no sentido da marcha) dos vehículos que fagan os recoñecementos autorizados. Únicamente se entregará un xogo de pegatinas por equipo inscrito.

O Shakedown poderase recoñecer no mesmo horario que os treitos.

O exceso de velocidad durante os recoñecementos sancionarase cunha sanción aplicada polo Director de Carreira