Participantes

Inscricións ao 55 Rallye de Ferrol

by | Mai 4, 2024 | Info Participantes | 0 comments

O peche das inscricións terá lugar ás 14.00 horas do martes 13 de agosto de 2024.

A inscrición deberá realizarse obrigatoriamente de xeito on-line a través da páxina web do Rallye de Ferrol, facendo CLIC AQUI, ou na web da FGA: www.fga.es. A falta de calquera dos datos requiridos no formulario implicará que non se complete e, polo tanto, se refuse a mesma.

O xustificante de ingreso bancario terá que ser enviado ao enderezo de correo electrónico: inscripciones@escuderiaferrol.com antes do peche do prazo de inscrición, indicando o nome do piloto e o vehículo co que participa.

O número máximo de inscritos fíxase en 150 vehículos. No caso de superar esta cifra, a selección se fará dacordo co establecido no Regulamento Deportivo do Campionato Galego de Ralis.

O Comité organizador reservase o dereito de rexeitar unha inscrición dacordo co establecido no artigo 3.14 do CDI.

Os dereitos de inscrición fíxanse en:

Aceptando a publicidade obrigatoria:

  • Rallye:                         330 € + 34 € do aluguer do GPS obrigatório. TOTAL: 364,00 €
  • Rallye + Shakedown:  480 € + 34 € do aluguer do GPS obrigatório. TOTAL: 514,00 €

NON aceptando a publicidade obrigatoria

  • Rallye:                         660 € + 34 € do aluguer do GPS obrigatório. TOTAL: 694,00 €
  • Rallye + Shakedown:  960 € + 34 € do aluguer do GPS obrigatório. TOTAL: 994,00 €

Os dereitos de inscrición deberán ser satisfeitos a través de TRANSFERENCIA BANCARIA ao seguinte número de conta: ES41 2100 5486 5002 0001 8971 (CaixaBank)

Os Dereitos de Inscrición comprenden o Seguro garantindo a Responsabilidade Civil fronte a terceiros, de acordo coa Regulamentación da Federación Galega de Automobilismo

A solicitude de inscrición non será aceptada:

  • Se non se abonaron os dereitos de inscripción.
  • Se non se cumprimenta o formulario en todos os seus apartados.
  • Se non se indica na mesma o número da Ficha de Homologación do vehículo inscrito

Os Dereitos de Inscrición tan só serán reembolsados aos equipos que vexan rexeitadas as súas inscricións, ou no caso de que a proba non se desenvolvera. Non serán devoltos en ningún outro caso.