24 Mai 2021

Trofeo Deputación da Coruña

O 52 Rallye de Ferrol – Suzuki contará tamén co TROFEO DEPUTACION DA CORUÑA, que é un certame de carácter nacional que non puntúa para ningún campionato.

Todos os participantes que queiran inscribirse neste certame, debén facelo directamente na páxina web da RFEdeA.

marcando a opción do certame TROFEO DEPUTACION DA CORUÑA.

Poden participar no Trofeo Deputación da Coruña os vehículos non admitidos no S-CER 2021, e que son admitidos en calquer outro certame de carácter nacional de ralis 2021 da RFEDA, en concreto os seguintes:

  • CERA-Recalvi 2021 (Copa de España de Rallyes de asfalto 2021)
  • CERT-GT2i 2021 (Copa de España de Rallyes de tierra 2021)
  • CERVH 2021 (Campeonato de España de Rallyes para vehículos históricos – Velocidad)

Entre todos os vehículos participantes no 52 Rallye de Ferrol-Suzuki Trofeo Deputación da Coruña no haberá distinción de clases ou categorías. Haberá unha clasificación única que englobará a todo os participantes

Os números dos coches inscritos no Trofeo Deputación da Coruña, serán consecutivos ao derradeiro coche do Rallye Ferrol Suzuki (S-CER), e tomarán a saida consecutivamente e despois destos.

En relación ao límite máximo de inscritos permitidos no rallye, as inscripcións recibidas para o Rallye de Ferrol Suzuki (S-CER) sempre terán preferencia sobre das inscripcións recibidas para o Trofeo Deputación da Coruña.

Cada unha das competicións: Rallye de Ferrol Suzuki e Trofeo Deputación da Coruña terán clasificacións totalmente independientes.