24 Mai 2021

Recoñecementos 52 Rallye de Ferrol

Os recoñecementos serán efectuados de conformidade ao Regulamento Deportivo do S-CER 2021.

Data

Horario

Acto

Martes 17/08/21
17:00 a 20:00
Recollida de documentación e GPS de recoñecementos (opcional)
RALLYCAR
C/Parroquia de Guísamo, Parcela A2 Nave 7
16165 Bergondo
Mércores 18/08/21
09:00 a 13:00
Recollida de documentación e GPS de recoñecementos
RALLYCAR
C/Parroquia de Guísamo, Parcela A2 Nave 7
16165 Bergondo
09:00 a 22:00
1ª xornada de Recoñecementos
Xoves 19/08/21
09:00 a 22:00
2ª xornada de Recoñecementos
16:00 a 22:30
Devolución de GPS
Estadio da Malata

 

Organización dos Recoñecementos:

Os participantes podrán facer os recoñecementos una sola jornada (de 09:00 a 22:00 horas), podando elegir entre o sábado 14 de agosto ou o xoves 19 de agosto.

Os participantes poderán comenzar os seus recoñecementos por calquera dos treitos programados para a proba, podendo realizar un máximo de TRES (3) pasadas a cada un deles.

A velocidade durante os recoñecementos non poderá superar os 80 km/h e se deberán respectar todas as normas de circulación e as restricións previstas polas Autoridades, en especial en zonas poboadas e/ou nas que se fixe unha velocidade menor.

Recórdase a obrigatoriedade de levar en todo momento conectado e en perfecto funcionamiento o GPS e advírtese de que o organizador establecerá controis durante os recoñecementos para velar polo cumplimento deste e doutros apartados regulamentarios.

O Shakedown poderase recoñecer no mesmo horario que os treitos.

As infracións por exceso de velocidade detectado polo GPS serán sancionadas polos Comisarios Deportivos dacordo co Anexo 1 do Regulamento Deportivo do S-CER 2021 (Art 22.4)

Os equipos que desexen facer os recoñecementos o sábado 14/08/2021 deben enviar un correo electrónico coa solicitude a: escuderiaferrol@escuderiaferrol.com