All posts by Escudería Ferrol

24 Mai 2021

Roadbook para asistencias do 52 Rallye de Ferrol

As asistencias que teñan que desprazarse ata o Repostaxe Remoto previsto na 1ª etapa terán que ir dende Ferrol (Estadio A Malata) até O Xestal (Monfero). No roadbook para asistencias detallase o percorrido.

Preme AQUI para descarregar o roadbook para asistencias do 52 Rallye de Ferrol-Suzuki en formato PDF.

NOTA IMPORTANTE: NON será entregado o roadbook de asistencias en formato impreso.

Igualmente poden segui-las indicacións no seguiente enlace: PERCORRIDO A REPOSTAXE REMOTO

 

24 Mai 2021

Descripción 52 Rallye de Ferrol

A Escudería Ferrol organiza o 52 Rallye de Ferrol, que se celebrará os días 20 e 21 de agosto 2021.

O 52 Rallye de Ferrol será puntuable, ademáis de para os Campeonatos e Copas estabelecidos no artigo 1.7 do Regulamento Deportivo do Super Campionato de España de Rallyes 2021, para os seguientes Trofeos:

  • Copa Suzuki Swift
  • Tour European Rally

Distancia total do percorrido: 397,73 Kms.
Número total de treitos cronometrados: 9
Distancia total de treitos cronometrados: 128,66 Kms.
Número de seccións: 4
Número de etapas: 2
Número de tramos a recoñecer: 5

VEHICULOS ADMITIDOS
Están admitidos a participar e puntuar no Ralli os vehículos descritos no Anexo 8 do Regulamento Deportivo do Super Campionato de España de Rallyes 2021.

Trofeos
A entrega de Trofeos realizaráse no pódium, situado no Parque Pechado Final (Avenida de Esteiro), de acordo co estipulado no artigo 12 do Anexo 7 do Regulamento Deportivo do S-CER. É obligatoria a presencia dos dous membros do equipo.
Ademáis de estos trofeos, o Organizador entregará os seguientes:

  • Aos 3 primeiros clasificados da Copa Suzuki Swift
  • Aos 3 primeiros clasificados da Copa Suzuki Swift
  • Aos 3 primeiros clasificados do Tour European Rally
  • Aos 3 primeiros clasificados do Trofeo Deputación da Coruña
24 Mai 2021

TC Plus

O treito cronometrado plus será o TC-9 do Rali, de 10,63 Kms. de lonxitude, e se disputará segundo o disposto no Art. 34.21 do Regulamento Deportivo do S-CER 2021.

24 Mai 2021

Shakedown/TCC do 52 Rallye de Ferrol

O venres 20 de agosto de 2021 desenvolverase unha proba especial de Calificación (TCC) para os pilotos prioritarios. Esta proba disputarase sobre unha estrada de similares características ás empregadas nos treitos cronometrados do ralli e servirá, asimesmo, para levar a cabo o Shakedown para o resto dos equipos que se inscriban ao mesmo.

Anque esas probas organizanse de acordo coa normativa prevista no Art. 23 do Regulamento Deportivo do S-CERA 2021, recoméndase ter en conta as seguintes particularidades:

Shakedown
Dentro do horario estabelecido, os participantes inscritos poderán dar o número de pasadas que estimen oportuno.

Treito Cronometrado de Calificación (TCC)
De acordo co Art. 3.1.5 do Regulamento Deportivo do S-CER 2021, o Carnet de Ruta para os pilotos participantes no TCC, seralles entregado na súa primeira pasada polo Shakedown.

Os neumáticos usados na proba de Calificación (TCC) deberán cumplir coa normativa do Regulamento Deportivo do S-CER 2021, e non serán computados para o límite máximo de neumáticos permitidos na proba.

Finalizado el TCC, os vehículos deberán ser conducidos ao Parque Pechado previsto, que estará situado na Zona de asistencia no Estadio da Malata e permanecerán no mesmo ata a súa apertura. Está prohibida toda asistencia aos vehículos dende que finalicen o TCC ata a súa chegada a devandito Parque Pechado.

Dereitos de Inscripción
Tanto os equipos que deban de realizar o Treito de Calificación coma os que desexen efectuar o shakedown deberán solicitalo cumplimentando o apartado previsto a tal efeito no formulario de inscripción (vía web). O importe dos dereitos de inscripción ao Shakedown estabelecese en 200 euros aceptando a publicidade optativa do Organizador. No caso de non ser aceptada devandita publicidade, o importe dos dereitos de inscripción será de 400 euros. Nestos dereitos inclúese a participación no TCC para aqueles equipos obrigados a realizalo.

Programa

Data

Horario

Acto

Mércores 11/08/21
14:00
Peche inscripcións Shakedown, RFEDA
Venres 20/08/21
09:30
10:00 A 10:30
10:30 A 12:00
12:15 A 12:45
13:15
13:30
Publicación lista de participantes e hora de presentación no C.H. do TCC
Shakedown – Só Pilotos Prioritarios
Shakedown TODOS OS PILOTOS
Treito cronometrado de calificación (TCC)
Publicación Clasificación Final TCC
Apertura Parque Pechado TCC e Elección orde de saida para a 1ª Etapa

 

Localización:
A información correspondente ao treito de estrada escollido como Shakedown entregaráse durante a entrega de documentación aos equipos inscritos. A lonxitude do treito escollido é de 3,170 Km.

Zona de Asistencia:
A zona de Asistencia prevista para o Shakedown é a mesma que para o resto do rali.

24 Mai 2021

Inscricións ao 52 Rallye de Ferrol

O peche das inscricións terá lugar ás 14.00 horas do día 11 de agosto de 2021.

A inscrición deberá realizarse obrigatoriamente de xeito on-line a través da páxina web da RFEdeA.

http://rfeda-fedeauto-podiumsoft.info/

Si é a tua primeira proba do S-CER deberás facer inicialmente a túa inscrición no campionato [é DE BALDE] na misma web (menu “Inscripción Campeonato 2021”)

O número máximo de inscritos fíxase en 80 vehículos. No caso de superar esta cifra, a selección se fará dacordo co establecido no Regulamento Deportivo do S-CER.

O Comité organizador reservase o dereito de rexeitar unha inscrición dacordo co establecido no artigo 3.14 do CDI.

Os dereitos de inscrición fíxanse en:

  • Coa publicidade proposta polo organizador 495,00 € (+IVA)
  • Sen a publicidade proposta polo organizador 990,00 € (+IVA)

Estos derechitos NON incluyen os GPS.

Os dereitos de inscrición para o Shakedown fixanse en:

  • Coa publicidade proposta polo organizador 200,00 € (+IVA)
  • Sen a publicidade proposta polo organizador 400,00 € (+IVA)

Outros dereitos:

  • Placas de asistencia adicionais 150,00 € (+IVA)
  • Ouvreur (só pilotos prioritarios) 300,00 € (+IVA)

As inscricións deberán realizarse a través da aplicación web da RFEDA, cumplindo o estabelecido no anexo 7, antes da hora límite do peche de inscricións, debéndose abonar – a través da devandita aplicación- o importe da inscrición.

A solicitude de inscrición non será aceptada:

  • Se non se abonaron os dereitos de inscripción.
  • Se non se cumprimenta en todos os seus apartados.
  • Se non se indica na mesma o número da Ficha de Homologación do vehículo inscrito.

Os dereitos de inscrición serán totalmente reembolsados:

  • Aos solicitantes cuxa inscripción fora rechazada.
  • En caso de que a competición non se celebrara.

O organizador poderá reembolsar ata un 75 % dos dereitos de inscrición aos concursantes que, por razóns de forza maior debidamente verificadas, non puideran presentarse á competición.