Todos os equipos chegaron a cidade e están instalados en FIMO.
Ao largo do día todos os equipos participantes no Rallye de Ferrol foron chegando a cidade. Vehículos transportando o material, autocaravanas e os propios coches de competición foron enchendo pouco a pouco o Recinto Ferial FIMO. Alí será o centro neurálxico da proba e servirá tanto para a zona de asistencia como a para a dirección de carreira e sala de prensa.
Como edición especial, este ano o hall da entrada do recinto está decorado cos debuxos de todos os gañadores dende 1970 (Carlos Arrojo) ata 2018 (Pepe López). É unha ocasión única para os siareiros para ver unha gran colección de coches, ainda que sexan debuxados, que escribieron a historia de este rallye.
Durante a tarde, tamén en FIMO leváronse a cabo as verificacións técnicas a todos os equipos antes de iniciar mañá a competición. As 10:00 horas do venres dará comezo o shakedown (tramo de probas), que terá lugar na zona de Esmelle. Ese mismo tramo servirá para disputar el Tramo de Calificación, no que os pilotos prioritarios intentan realizar o mellor tempo posible para poder escoller a posición de salida. O acto no que se elixen o postos, terá lugar en FIMO a las 13:30 horas. E as 14:00 horas, o equipo Suzuki convocou aos medios de prensa para informar sobre su programa deportivo.
O rallye dará o banderazo de salida na Avenida de Esteiro as 17:30 horas do venres. Pero unha hora antes, xa habrá cousas moi interesantes que ver nesta zona do parque cerrado. Os representantes do Tour European Rally fará un “show cooking” con varios dos pilotos participantes as 16:30. E media hora despois ofrecerán unha rolda de prensa para presentar todas as súas novidades cara o 2020.