Presentouse no Centro Cultural Torrente Ballester da cidade de Ferrol.
A quincuaxésima edición do Rallye de Ferrol – Suzuki presentouse oficialmente esta mañá no Centro Cultural Torrente Ballester da cidade de Ferrol. Concretamente no patio deste edificio singular de finais do século XVIII que pasou de ser Hospital de Caridad a un centro turístico de referencia, un punto de encontro da cultura. E que, con este acto tamén se une ao automovilismo en esa programación multidisciplinar que permite a relación da arte coa arquitectura, o cine, a música, o diseño ou cómo hoxe se veu: co deporte.
O acto foi presidido polo Excmo. Alcalde da cidade, D. Ángel Mato Escalona, que estaba acompañado polo Concelleiro de Deportes, D. Antonio Golpe Días; o Presidente da Real Federación Española de Automovilismo, D. Manuel Aviñó Roger; a Diputada Provincial, Dña. Ana Lamas Villar en representación do Presidente da Diputación Provincial de A Coruña; o Presidente de Suzuki Motor Ibérica, Juan López Frade; o representante da Secretaría Xeral para o Deporte, D. Roberto García Fernández; e o Presidente da Escudería A. Ferrol, D. Germán Castrillón Permuy.
Tomou a palabra o Alcalde par iniciar o acto, destacando a gran edición que se prepara do rallye tras cincuenta anos de realización ininterrumpida e do gran traballo e esforzo da Escudería A. Ferrol a través deste medio século de historia. A partir de ahí foi Germán Castrillón o que continuou coa presentación, agradecendo a todos os patrocinadores e institucións o apoyo a esta proba e facendo un resumo descritivo de cómo transcurrirá o rallye. Seguíronlle un a un todos os membros da mesa, destacando o traballo e empeño para levar o rallye ata unha categoría internacional como é este ano, e para convertilo nunha das principais citas deportivas da cidade, cunha alta repercusión mediática e económica para a cidade e para a provincia. De novo, o alcalde foi o que cerrou o acto, emplazando a que o rallye continúe a súa andadura moitos anos máis.
O rallye comeza a rodar pouco a pouco, coa entrega dos GPS na tarde de mañá e cos recoñocementos dos tramos a partir do mércores.