Luca Grilli (promotor do Tour European Rally): «Para esta tempada examinamos varios proxectos, pero recoñezo que Ferrol era un dos primeiros da lista».
Inda que quedan meses para a disputa das vodas de ouro do Rallye de Ferrol-Suzuki, a organización da proba traballa a toda máquina de cara a esta tan especial edición que, ademáis de puntuar para o Campionato de España de Rallyes de Asfalto, dende este 2019 formará tamén parte do Tour European Rally: certame privado aprobado pola FIA e que escolle algunhas probas significativas dos distintos campionatos nacionais en Europa para crear unhas series que tratan de potenciar tanto a vertente deportiva coma a turística de cada cita.
Con Ferrol, o TER finalmente aterra en España. Motivo máis que de satisfacción para o seu promotor, Luca Grilli, quen sinala que «este país sempre foi un obxectivo para nós. Os continuos logros dos pilotos españois e o alto nivel dos seus eventos axudaron a alimentar unha paixón que nós tamén queremos transmitir. A este respecto, estamos encantados de ternos atopado cunha organización (a Escudería A. Ferrol) que nos permitirá aterrar en España».
As TER series «veñen para quedarse» e despóis de tres temporadas conseguiron facerse un oco no calendario de rallyes contintental, como un «trofe internacional a todos os efectos», apunto o seu máxima responsable.
Luca Grilli e o seu equipo contan con varios anos de experiencia na promoción de distintas carreiras como o Artic Lapland Rally ou Madeira; «probas nas que os organizadores entenderon o noso concepto: conseguir que as oficinas de turismo local patrocinasen estes eventos». Ademáis delo, o promotor das Tour European Rally Series traballou no extinto IRC e no Campionato de Europa de rallyes, «onde este tipo de promoción non se levou a cabo» recalca Grilli para insistir en que «desde ese momento tiven claro que tíñase que crear unhas series con certas características; buscando lugares coñecidos ou emblemáticos, con carreiras que teñan historia e onde se poidan crear eventos globais, que vaian máis aló do deportivo. Desde un principio a nosa idea era a de traer algo novo, introducindo as competicións de motor incluso a aqueles que coñecían pouco do mundo dos rallyes e creando eventos paralelos novos e divertidos».
Faltando algúns meses para o inicio da temporada no TER a empresa promotora alberga boas perspectivas en canto a participación. Segundo Luca Grilli, «en 2017 tivemos dous equipos oficiais e algunhas estructuras privadas ben coñecidas. O ano pasado mantivemos as cifras, que rondaron os 70 inscritos a final de temporada, representando 17 países de tres continentes. Neste 2019 confiamos en manter a algúns deles, máxime tendo en conta os cambios que realizamos no calendario para facilitar a loxística e incentivar a participación. Neste sentido estamos encantados de ter recibido entre as primeiras inscripcións as dalgúns dos nosos clientes fieis nestes anos de vida do certamen».
O 50 Rallye de Ferrol – Suzuki conta así cun novo alicente para a súa edición máis especial. Medio século de vida que a proba galega no Campionato de España de Rallyes de Asfalto quere enriquir coa chegada de pilotos foráneos que animen, se cadra, un certamen nacional que no 2018 demostrou estar do máis animado na loita polas victorias parciais e o título de final de temporada. Con este paso, Ferrol únese a un trofeo continental con vocación de expandirse nas súas próximas temporadas pois, segundo o promotor do mesmo, «son varias as organizacións que mostraron o seu desexo de unirse ás nosas series».