All posts by Escudería Ferrol

11 Ago 2020

Guía de recoñecementos do 51 Rallye de Ferrol-Suzuki

Para facilitar os recoñecementos do 51 Rallye de Ferrol-Suzuki, aportase unha Guía con recomendacións e as rutas máis curtas para facer os desprazamentos entre os treitos. O seu uso é mui fácil e intuitivo a través de Google Maps con calquer teléfono móbil, tablet ou dispositivo electrónico.

Preme para descarregar a guía de recoñecementos do 51 Rallye de Ferrol-Suzuki en formato PDF.

 

***NOTA IMPORTANTE: O documento NON será entregado en formato impreso.

22 Xuñ 2020

Descripción 51 Rallye de Ferrol

A Escudería Ferrol organiza o 51 Rallye de Ferrol, que se celebrará os días 21 e 22 de agosto 2020.

O 51 Rallye de Ferrol será puntuable, ademáis de para os Campeonatos e Copas estabelecidos no artigo 1.7 do Regulamento Deportivo do Campionato de España de Rallyes 2020, para os seguientes Trofeos:

  • Copa Suzuki Swift

Distancia total do percorrido: 389,85 Kms.
Número total de treitos cronometrados: 9
Distancia total de treitos cronometrados: 126,30 Kms.
Número de seccións: 4
Número de etapas: 2
Número de tramos a recoñecer: 5

VEHICULOS ADMITIDOS
Están admitidos a participar e puntuar no Ralli os vehículos descritos no Anexo 8 do Regulamento Deportivo do Campionato de España de Rallyes de Asfalto 2020.

Trofeos
A entrega de Trofeos realizaráse no pódium, situado no Parque Pechado Final (Avenida de Esteiro), de acordo co estipulado no artigo 12 do Anexo 7 do Regulamento Deportivo do Campionato de España de Rallyes. É obligatoria a presencia dos dous membros do equipo.
Ademáis de estos trofeos, o Organizador entregará os seguientes:

  • Aos 3 primeiros clasificados da Copa Suzuki Swift
  • Aos 3 primeiros clasificados do Tour European Rally
19 Mai 2020

Secretaría 51 Rallye de Ferrol

TABOLEIRO OFICIAL DE AVISOS

  • Permanentemente: Na web oficial do Rali: www.rallyeferrol.com

SECRETARIA PERMANENTE DO RALI
Dende o día 13 de xullo de 2020 ata o 19 de agosto de 2020, en horario de 19:00 a 21:00 horas, nas oficinas de:

Organizador: Escudería A. Ferrol
Dirección: Avda. Castelao, s/n “Casa do Deporte”
Localidade: 15406 Ferrol (A Coruña)
Teléfono: 676 85 79 09
E-mail: escuderiaferrol@escuderiaferrol.com
E-mail para asuntos relacionados coas inscripcións: inscripciones@escuderiaferrol.com
Web: www.escuderiaferrol.com

OFICINA PERMANENTE DO RALI
A Oficiña Permanente do Rali, a partires do día 20 de agosto de 2020, en horario axustado ao Programa-Horario do rali, estará situada en:
Ubicación: FIMO Recinto Ferial
Dirección: Punta Arnela – Feria de Muestras
Localidade: Ferrol
Teléfono: 676 85 79 09
E-mail: escuderiaferrol@escuderiaferrol.com
E-mail para asuntos relacionados coas inscripcións: inscripciones@escuderiaferrol.com
Web: www.rallyeferrol.com

Salvo evento no Programa Horario, o horario de atención da Oficiña Permanente será o seguinte:

Mañáns: de 09:00 a 13:30 horas
Tardes: de 17:00 a 20:00 horas

Os participantes deberán estar en contacto coa Secretaría Permanente e a web do Rali co fin de ter coñecemento da publicación de eventuais Boletins de Información.

19 Mai 2020

TC Plus

O treito cronometrado plus será o TC-9 do Rali, de 9,24 Kms. de lonxitude, e se disputará segundo o disposto no Art. 34.21 do Regulamento Deportivo do CERA 2020.

19 Mai 2020

Shakedown/TCC do 51 Rallye de Ferrol

O venres 21 de agosto de 2020 desenvolverase unha proba especial de Calificación (TCC) para os pilotos prioritarios. Esta proba disputarase sobre unha estrada de similares características ás empregadas nos treitos cronometrados do ralli e servirá, asimesmo, para levar a cabo o Shakedown para o resto dos equipos que se inscriban ao mesmo.

Anque esas probas organizanse de acordo coa normativa prevista no Art. 23 do Regulamento Deportivo do CERA 2020, recoméndase ter en conta as seguintes particularidades:

Shakedown
Dentro do horario estabelecido, os participantes inscritos poderán dar o número de pasadas que estimen oportuno.

Treito Cronometrado de Calificación (TCC)
De acordo co Art. 3.1.5 do Regulamento Deportivo do CERA 2020, o Carnet de Ruta para os pilotos participantes no TCC, seralles entregado na súa primeira pasada polo Shakedown.

Os neumáticos usados na proba de Calificación (TCC) deberán cumplir coa normativa do Regulamento Deportivo do CERA 2020, e non serán computados para o límite máximo de neumáticos permitidos na proba.

Finalizado el TCC, os vehículos deberán ser conducidos ao Parque Pechado previsto, que estará situado na Zona de asistencia no Recinto Feiral FIMO e permanecerán no mesmo ata a súa apertura. Está prohibida toda asistencia aos vehículos dende que finalicen o TCC ata a súa chegada a devandito Parque Pechado.

Dereitos de Inscripción
Tanto os equipos que deban de realizar o Treito de Calificación coma os que desexen efectuar o shakedown deberán solicitalo cumplimentando o apartado previsto a tal efeito no formulario de inscripción (vía web). O importe dos dereitos de inscripción ao Shakedown estabelecese en 200 euros aceptando a publicidade optativa do Organizador. No caso de non ser aceptada devandita publicidade, o importe dos dereitos de inscripción será de 400 euros. Nestos dereitos inclúese a participación no TCC para aqueles equipos obrigados a realizalo.

Programa

Data

Horario

Acto

Mércores 12/08/20
14:00
Peche inscripcións Shakedown, RFEDA
Venres 21/08/20
09:30
10:00 A 10:30
10:30 A 12:00
12:15 A 12:45
13:15
13:30
Publicación lista de participantes e hora de presentación no C.H. do TCC
Shakedown – Só Pilotos Prioritarios
Shakedown TODOS OS PILOTOS
Treito cronometrado de calificación (TCC)
Publicación Clasificación Final TCC
Apertura Parque Pechado TCC e Elección orde de saida para a 1ª Etapa

 

Localización:
A información correspondente ao treito de estrada escollido como Shakedown entregaráse durante a entrega de documentación aos equipos inscritos. A lonxitude do treito escollido é de 3,170 Km.

Zona de Asistencia:
A zona de Asistencia prevista para o Shakedown é a mesma que para o resto do rali.

19 Mai 2020

Zona de Asistencia do 51 Rallye de Ferrol

Está previsto un único Parque de Asistencia ubicado no Recinto Feiral FIMO. O devandito parque será utilizado asimesmo durante o desenrolo do Shakedown.

Data

Horario

Acto

Xoves 20/08/20
10:00
11:00
11:00 A 22:00
Acreditacións de vehículos de asistencias
Apertura do Parque de Asistencia
Entrada autorizada de Asistencias
Venres 21/08/20
12:00
Hora límite de entrada de vehículos de grandes dimensións

 

Calqueira vehículo que non dispoña da pertinente acreditación NON PODERÁ ACCEDER ao Parque de asistencias.

A normativa da zona de asistencia podes vela AQUI

Plano da Zona de Asistencia:

Dispoñible en formato PDF