Un dos aspectos sobre os que máis se traballa na organización dun rali é o da seguridade. Os organizadores buscamos conseguir a maior protección para os pilotos que participan nel, pero tamén é moi importante a seguridade de todos aqueles que vos acercades para disfrutar do mundo do motor. Este segundo aspecto necesita da colaboración de todos os afeccionados para conseguir que o rali discurra con total normalidade e sexa unha festa para todos.
Tras moitos esforzos, o Rali de Ferrol está na elite do ralis de España. Esto permite que todos os afeccionados podamos disfrutar co mellor do panorama nacional, con todos os equipos oficiais loitando nas estradas da nosa bisbarra por acadar unhos puntos moi valiosos para alcanzar os primeros postos. Un espectáculo que, para que se poida seguir repetindo nos próximos anos necesitará do total apoio de todos vos.
Un ano más temos que demostrar que en Ferrolterra contamos cunha das mellores afeccións, e para iso, o mellor é segui-las recomendacións que nos chegan dende a organización. Nos sabemos cales son os lugares máis seguros para poder disfrutar do rali, despois de moitos anos organizando este tipo de probas. É moi importante situarse en lugares fóra de perigo, lonxe da posible traxectoria dunha saída de estrada dos participantes, e por riba de todo, non situarse diante de elementos sólidos coma muros de pedra, valos, coches, árboles, casas, contedores, etc….
No hai que esquecerse que os ralis son un deporte de risco. Os pilotos asumen ese risco e contan cunha serie de proteccións para minimizalo. Os afeccionados por contra, so dispoñen do seu senso común e das recomendacións feitas pola organización. Seguro que ningún bo afeccionado ao motor se colocará na posible traxectoria dun coche. Ainda así, pedimosvos a máxima colaboración para cumptir en todo momento as recomendaciones da organización, de Protección Civil e das Forzas de Seguridade do Estado. Seguide os consellos que vos propomos a continuación.