04 Xuñ 2022

Test Oficiales 53 Rallye de Ferrol Suzuki

O 53 Rallye de Ferrol- Suzuki porá a disposición de todos os participantes inscritos a posibilidade de facer unha xornada de test (probas técnicas) cos seus vehículos de competición.

Terán lugar o mércores 17 de agosto de 2022  nun treito sito no Concello de Ferrol e celebraranse no horario de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 h. Os pilotos poderán inscribirse a media xornada (4 horas) de mañá ou de tarde, ou a xornada completa (mañá e tarde).

Importe de media xornada de test (4 horas de duración):                           400 € + 10%IVE

Importe de xornada completa de test (8 horas de duración):                     600 € + 10%IVE

A inscripción deberá facerse obrigatoriamente de forma on-line a través da páxina web do rallye.

Todos os participantes que queiran inscribirse neste test, deberán facelo directamente a través  DESTE ENLACE.