O venres 19 de agosto de 2022 desenvolverase unha proba especial de Calificación (TCC). Esta proba disputarase sobre unha estrada de similares características ás empregadas nos treitos cronometrados do ralli e servirá, asimesmo, para levar a cabo o Shakedown para o resto dos equipos que se inscriban ao mesmo.
Recoméndase ter en conta as seguintes particularidades:
Treito Cronometrado de Calificación (TCC)
Este Treito está reservado a todos os equipos participantes con vehículos da Categoría 1 (RFEDA), a excepción de aquele que participen nunha Copa autorizada por la RFEDA. Para os equipos participantes no Treito de Calificación, este Treito reemplaza ao Shakedown.
Como “Free Practice”, os participantes terán dereito a facer 2 pasadas e tomarán a saída cun intervalo de 1 minuto.
De acordo co Regulamento Deportivo do CERA-Recalvi 2022, o Carnet de Ruta para os pilotos participantes no TCC, seralles entregado na súa primeira pasada polo “free practice”.
Os neumáticos usados na proba de Calificación (TCC) deberán cumplir coa normativa do Regulamento Deportivo do CERA-Recalvi 2022, e non serán computados para o límite máximo de neumáticos permitidos na proba.
Finalizado el TCC, os vehículos deberán ser conducidos ao Parque Pechado previsto, que estará situado na Zona de asistencia no Estadio da Malata e permanecerán no mesmo ata a súa apertura. Está prohibida toda asistencia aos vehículos dende que finalicen o TCC ata a súa chegada a devandito Parque Pechado.
Shakedown
Este Treito está reservado aos Pilotos non elexibles para o Treito de Calificación, que non temen a obriga de inscribirse nin de participar no mesmo. Do horario estabelecido, os participantes inscritos poderán dar o número de pasadas que estimen oportuno.
Dereitos de Inscripción
Tanto os equipos que deban de realizar o Treito de Calificación coma os que desexen efectuar o shakedown deberán solicitalo cumplimentando o apartado previsto a tal efeito no formulario de inscripción (vía web). O importe dos dereitos de inscripción ao Shakedown estabelecese en 200 euros aceptando a publicidade optativa do Organizador. No caso de non ser aceptada devandita publicidade, o importe dos dereitos de inscripción será de 400 euros. Nestos dereitos inclúese a participación no TCC para aqueles equipos obrigados a realizalo.
Programa
Fecha |
Horario |
Acto |
Mércoles 10/08/22 |
14:00 |
Peche inscripcións Shakedown, RFEDA |
Venres 19/08/22 |
09:1509:30 A 10:0010:15 A 10:4511:00 A 12:3011:1511:45 |
Publicación lista de participantes e hora de presentación no C.H. do TCCShakedown/Free Practice – Só Pilotos Participantes no TCCTreito Cronometrado de Calificación (TCC)Shakedown – Resto de equiposPublicación Clasificación Final TCCApertura Parque Pechado TCC e Elección orde de saída para a 1ª Etapa |
Localización:
A información correspondente ao treito de estrada escollido como Shakedown entregaráse durante a entrega de documentación aos equipos inscritos. A lonxitude do treito escollido é de 3,170 Km.
Zona de Asistencia:
A zona de Asistencia prevista para o Shakedown é a mesma que para o resto do rali.