O peche das inscricións terá lugar ás 14.00 horas do día 12 de agosto de 2020.
A inscrición deberá realizarse obrigatoriamente de xeito on-line a través da páxina web da RFEdeA.
http://rfeda-fedeauto-podiumsoft.info/
O número máximo de inscritos fíxase en 80 vehículos. No caso de superar esta cifra, a selección se fará dacordo co establecido no Regulamento Deportivo do CERA.
O Comité organizador reservase o dereito de rexeitar unha inscrición dacordo co establecido no artigo 3.14 do CDI.
Os dereitos de inscrición fíxanse en:
- Coa publicidade proposta polo organizador 495,00 € (+IVA)
- Sen a publicidade proposta polo organizador 990,00 € (+IVA)
Os dereitos de inscrición para o Shakedown fixanse en:
- Coa publicidade proposta polo organizador 200,00 € (+IVA)
- Sen a publicidade proposta polo organizador 400,00 € (+IVA)
Outros dereitos:
- Placas de asistencia adicionais 150,00 € (+IVA)
- Ouvreur (só pilotos prioritarios) 300,00 € (+IVA)
As inscricións deberán realizarse a través da aplicación web da RFEDA, cumplindo o estabelecido no anexo 7, antes da hora límite do peche de inscricións, debéndose abonar – a través da devandita aplicación- o importe da inscrición.
A solicitude de inscrición non será aceptada:
- Se non se abonaron os dereitos de inscripción.
- Se non se cumprimenta en todos os seus apartados.
- Se non se indica na mesma o número da Ficha de Homologación do vehículo inscrito.
Os dereitos de inscrición serán totalmente reembolsados:
- Aos solicitantes cuxa inscripción fora rechazada.
- En caso de que a competición non se celebrara.
O organizador poderá reembolsar ata un 75 % dos dereitos de inscrición aos concursantes que, por razóns de forza maior debidamente verificadas, non puideran presentarse á competición.