Plenos de victorias por tramo e un triunfo final para Víctor Senra e David Vázquez na 54 edición do Rallye del Ferrol, séptima proba da tempada no Campionato de Galicia de Rallyes. A parella pluricampeona galega achégase así a un novo título, que sería o séptimo consecutivo no certame autonómico galego.

A segunda xornada, con tres treitos cronometrados, non tivo sorpresas nesa loita pola victoria que foi máis unha carreira consigo mesmo. Senra volvía a impor a sua lei fronte a unha competencia que xa estaba lonxe do piloto do Skoda ao final da primeira etapa.

Históricamente Ferrol siempre foi un rali que depara sorpresas, e nesta edición non podía ser menos pese a que o reparto do resto de posicións parecía máis ou menos claro no arranque desta segunda xornada de carreira. E é que si ben Roberto Blach non tiña demasiados problemas para manter a segunda posición e completar kilómetros de test de cara ao seu programa mundialista, Dani Berdomás vivía un domingo con máis problemas dos esperados. O do Toyota volvía a sufrir problemas de freos e no seu intento de non perder comba e podio sufría un pinchazo no último treito do rali. A situación coincidía á sua vez co ataque que lanzaba Antón Pérez Orozco para tratar de arrebatarlle a posición, encontrándose finalmente con esa praza e 11 segundos de ventaxa sobre o coruñés do Toyota Yaris.

Pablo Rey cerraba a sua participación no rali da casa e estrenándose con un Swift R4lly S ex-oficial coa quinta plaza, toda vez que Dario Calviño xa non lla podía discutir ao sufrir unha saida e dañar unha roda na última cronometrada do rali.

Así as cousas, e entre o bo ritmo logrado nesta xornada -con cronos siempre por detrás de Senra- e os problemas de Antonio Fernández, Joan Vinyes e Jordi Mercader lograban remontar ata a sexta posición final.

Gabriel Gándara, pola sua parte, tampouco tiña problemas para refrendar a sua victoria na Clio Trophy Galicia, precedéndolle na xeral scratch Daniel Lamas e Vicente Cabarcos; equipo este último que cerraba o grupo dos dez primeiros clasificados.

Tampouco houbo sorpresas finais nol Criterium Recalvi, onde Adrian Vázquez e Melisa Lorenzo salían de Ferrol cunha cómoda victoria no peto.

Un total de 56 equipos lograron completar esta 54 edición do Rallye de Ferrol, con sete treitos e 102 km cronometrados.

CLASIFICACIÓN FINAL OFICIAL