Participantes

Recoñecementos 54 Rallye de Ferrol

by | Xuñ 23, 2023 | Info Participantes

Os recoñecementos serán efectuados de conformidade ao Regulamento Deportivo de Ralis 2023.

Os recoñecementos Oficiais / libres efectuaranse en tres días (sábado, domingo e xoves antes da proba), salvo autorización expresa da Federación Galega de Automobilismo. De solicitar un equipo un día non habilitado, por causa de forza maior, terá que facelo por escrito á Secretaría da Federación Galega de Automobilismo, e será autorizado ou non, despois de ser valorada a solicitude. O Regulamento Particular da proba determinará o horario autorizado para facer os recoñecementos.
O equipo participante deberá elexir un único día entre os establecidos. O día escollido poderá dar un número libre de pasadas, dentro do horario a definir no Reglamento Particular da proba.
Os participantes que escolleran recoñecer o Sábado ou Domingo se lles ofrecerá a posibilidade (optativa) de dar dúas pasadas adicionales na xornada de Xoves, sempre e cando o solicitaran no momento de formalizar a inscripción e abonen o sobrecusto por uso do GPS un día adicional.

Venres, 11 Agosto
18:00-20:00 Recollida de documentación e GPS de recoñecementos (sábado). Rallycar
Sábado, 12 Agosto
09:00-11:00 Recollida de documentación e GPS de recoñecementos (sábado). Rallycar
09:00-22:00 Recoñecementos (sábado). Treitos
20:00-22:30 Devolución do GPS. Secretaría do Rallye
Domingo, 13 Agosto
08:30-10:30 Recollida de documentación e GPS de recoñecementos (domingo). Rallycar
09:00-22:00 Recoñecementos (domingo). Treitos
20:00-22:30 Devolución do GPS. Secretaría do Rallye
Xoves, 17 Agosto
08:30-10:30 Recollida de documentación e GPS de recoñecementos (xoves) Rallycar
09:00-22:00 Recoñecementos (xoves). Treitos
20:00-22:30 Devolución do GPS. Secretaría do Rallye

A velocidade máxima nos treitos a recoñecer, será de 80 km/h., con control de GPS., salvo zonas onde esté regulada unha velocidade inferior polas Autoridades ou polas características da vía.
Non está permitido circular en sentido contrario ó indicado no rutómetro polos treitos cronometrados, salvo autorización expresa ou causa xustificada. Circular marcha atrás nun treito cronometrado, sen causa xustificada, terá a consideración de circular en sentido contrario.
Os recoñecementos únicamente poderán ser realizados polos equipos inscritos no rallye (piloto e copiloto), podendo ser solicitado á Federación Galega de Automobilismo un cambio en algún deles. Prohíbese a presencia de outra persoa no vehículo, salvo causa de forza maior debidamente motivada.
Cada equipo terá que notificar ó Comité Organizador, a marca, modelo e matrícula do vehículo que utilizará para os citados recoñecementos.
Pola Federación Galega de Automobilismo notificarase ós Sub-Sectores da Garda Civil de Tráfico, para seguir un control rigoroso, e conforme ó Real Decreto 1428/2003 de 21 de Novembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Circulación para a aplicación e desenrolo do texto articulado da Lei sobre Tráfico, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 339/1990 de 2 de Marzo, dos recoñecementos e solicitarase o traslado das denuncias (D.G.T.) que se formulen por infraccións á normativa para adoptalas medidas federativas que no seu caso procedan.
O Comité Organizador designará un Comisario / Controlador, que informará e fará parte dos incumprimentos ó Comité Organizador, con posterior traslado ó Colexio de Comisarios Deportivos da Proba, así como da utilización do radar da FGA.
Entregaranse unhas pegatinas transparentes e numeradas (de cor Laranxa Fluo) que terán que ir pegadas no parabrisas dianteiro (lado dereito superior no sentido da marcha) dos vehículos que fagan os recoñecementos autorizados. Únicamente se entregará un xogo de pegatinas por equipo inscrito. En caso de que se autorice ou se opte a un segundo día adicional será responsabilidade do equipo conservar correctamente as pegatinas.

O Shakedown poderase recoñecer no mesmo horario que os treitos.

O exceso de velocidad durante os recoñecementos sancionarase cunha sanción aplicada polo Director de Carreira