O peche das inscricións terá lugar ás 14.00 horas do luns 07 de agosto de 2023.
A inscrición deberá realizarse obrigatoriamente de xeito on-line a través da páxina web do Rallye de Ferrol, facendo CLIC AQUI. A falta de calquera dos datos requiridos no formulario implicará que non se complete e, polo tanto, se refuse a mesma.
O xustificante de ingreso bancario terá que ser enviado ao enderezo de correo electrónico: inscripciones@escuderiaferrol.com antes do peche do prazo de inscrición, indicando o nome do piloto e o vehículo co que participa.
O número máximo de inscritos fíxase en 150 vehículos. No caso de superar esta cifra, a selección se fará dacordo co establecido no Regulamento Deportivo do Campionato Galego de Ralis.
O Comité organizador reservase o dereito de rexeitar unha inscrición dacordo co establecido no artigo 3.14 do CDI.
Os dereitos de inscrición fíxanse en:
- Coa publicidade proposta polo organizador 360,00 €
- Sen a publicidade proposta polo organizador 690,00 €
Estos dereitos INCLUEN os GPS.
Os dereitos de inscrición para o Shakedown fixanse en:
- Coa publicidade proposta polo organizador 125,00 €
- Sen a publicidade proposta polo organizador 250,00 €
Outros dereitos:
- Placas de asistencia adicionais 150,00 €
- Segunda Xornada de recoñecementos 30,00 €
- Ouvreur (só pilotos prioritarios) 360,00 €
Os dereitos de inscrición deberán ser satisfeitos do seguinte xeito: Con tarxeta de crédito ao cubrir o formulario de inscrición ou a través de TRANSFERENCIA BANCARIA ao seguinte número de conta: ES41 2100 5486 5002 0001 8971 (CaixaBank)
NON SE DEVOLVERÁN OS DEREITOS DE INSCRICIÓN A NINGÚN PARTICIPANTE UNHA VEZ PUBLICADA A LISTA DE INSCRITOS, agás o disposto no art. 7.4
Admitiranse inscricións condicionadas, unha vez superado o número de inscritos fixado como máximo.
A orde de recepción da Solicitude de Inscrición, así como dos Dereitos de Inscrición, será determinante para a confección da Lista de Inscritos..
A solicitude de inscrición non será aceptada:
- Se non se abonaron os dereitos de inscripción.
- Se non se cumprimenta o formulario en todos os seus apartados.
- Se non se indica na mesma o número da Ficha de Homologación do vehículo inscrito
Os Dereitos de Inscrición tan só serán reembolsados aos equipos que vexan rexeitadas as súas inscricións, ou no caso de que a proba non se desenvolvera. Non serán devoltos en ningún outro caso.