Co obxectivo principal de preservar a saude de todos, e coma complemento do “PROTOCOLO SANITARIO DE REFUERZO SECTORIAL DE LA REAL FEDERACION ESPAÑOLA DE AUTOMOVILISMO”, a Escudería A. Ferrol ven de impulsar na organización do 52 Rallye Ferrol- Suzuki unha serie de medidas específicas, entre as que se encontra o REXISTRO de todo-los compoñentes da organización da proba.

Todas as persoas relacionadas co rallye, tanto participantes, persoal de seguridade, comisarios, medios de prensa, e todo o persoal da organización, debén rexistrarse telemáticamente para obter unha acreditación (Código QR) que lles permita acceder ao recinto da zona de asistencia.

Ademáis, este rexistro permitiralle ó organizador cumprir coa sua obriga de poder localizar a toda-las persoas implicadas na proba no caso de que se produza un caso positivo.

Se es membro da organización, comisario ou compoñente da RFEDA por favor fai clic no enlace seguinte e recibirás un Código QR que sempre podes levar no teu teléfono móvil e co que podes acceder á zona de asistencia e ó parque pechado:

REXISTRO PARA COMISARIOS, PERSOAL DA ORGANIZACION OU RFEDA