All posts by Escudería Ferrol

19 Mai 2020

Recoñecementos 51 Rallye de Ferrol

Os recoñecementos serán efectuados de conformidade ao Regulamento Deportivo do CERA 2020.

Data

Horario

Acto

Martes 18/08/20
17:00 a 20:00
Recollida de documentación e GPS de recoñecementos (opcional)
RALLYCAR
C/Parroquia de Guísamo, Parcela A2 Nave 7
16165 Bergondo
Mércores 19/08/20
09:00 a 13:00
Recollida de documentación e GPS de recoñecementos
RALLYCAR
C/Parroquia de Guísamo, Parcela A2 Nave 7
16165 Bergondo
09:00 a 22:00
1ª xornada de Recoñecementos
Xoves 20/08/20
09:00 a 22:00
2ª xornada de Recoñecementos
16:00 a 22:30
Devolución de GPS
FIMO

 

Organización dos Recoñecementos:

Os participantes poderán comenzar os seus recoñecementos por calquera dos treitos programados para a proba, podendo realizar as pasadas que consideren oportunas a cada un de eles.

A velocidade durante os recoñecementos non poderá superar os 70 km/h e se deberán respectar todas as normas de circulación e as restricións previstas polas Autoridades, en especial en zonas poboadas e/ou nas que se fixe unha velocidade menor.

Recórdase a obrigatoriedade de levar en todo momento conectado e en perfecto funcionamiento o GPS e advírtese de que o organizador establecerá controis durante os recoñecementos para velar polo cumplimento deste e doutros apartados regulamentarios.

O Shakedown poderase recoñecer no mesmo horario que os treitos.

As infracións por exceso de velocidade detectado polo GPS serán sancionadas polos Comisarios Deportivos dacordo co Anexo 1 do Regulamento Deportivo do CERA 2020 (Art 22.4)

Os equipos que desexen facer os recoñecementos o sábado 15/08/2020 deben enviar un correo electrónico coa solicitude a: inscripciones@escuderiaferrol.com

 

19 Mai 2020

Inscricións ao 51 Rallye de Ferrol

O peche das inscricións terá lugar ás 14.00 horas do día 12 de agosto de 2020.

A inscrición deberá realizarse obrigatoriamente de xeito on-line a través da páxina web da RFEdeA.

http://rfeda-fedeauto-podiumsoft.info/

O número máximo de inscritos fíxase en 80 vehículos. No caso de superar esta cifra, a selección se fará dacordo co establecido no Regulamento Deportivo do CERA.

O Comité organizador reservase o dereito de rexeitar unha inscrición dacordo co establecido no artigo 3.14 do CDI.

Os dereitos de inscrición fíxanse en:

  • Coa publicidade proposta polo organizador 495,00 € (+IVA)
  • Sen a publicidade proposta polo organizador 990,00 € (+IVA)

Os dereitos de inscrición para o Shakedown fixanse en:

  • Coa publicidade proposta polo organizador 200,00 € (+IVA)
  • Sen a publicidade proposta polo organizador 400,00 € (+IVA)

Outros dereitos:

  • Placas de asistencia adicionais 150,00 € (+IVA)
  • Ouvreur (só pilotos prioritarios) 300,00 € (+IVA)

As inscricións deberán realizarse a través da aplicación web da RFEDA, cumplindo o estabelecido no anexo 7, antes da hora límite do peche de inscricións, debéndose abonar – a través da devandita aplicación- o importe da inscrición.

A solicitude de inscrición non será aceptada:

  • Se non se abonaron os dereitos de inscripción.
  • Se non se cumprimenta en todos os seus apartados.
  • Se non se indica na mesma o número da Ficha de Homologación do vehículo inscrito.

Os dereitos de inscrición serán totalmente reembolsados:

  • Aos solicitantes cuxa inscripción fora rechazada.
  • En caso de que a competición non se celebrara.

O organizador poderá reembolsar ata un 75 % dos dereitos de inscrición aos concursantes que, por razóns de forza maior debidamente verificadas, non puideran presentarse á competición.