14 Nov 2018

O Rallye de Ferrol celebra as súas vodas de ouro internacionalmente

O 2019 será moi especial para o Rallye de Ferrol, xa que serán CINCUENTA as edicións que de xeito ininterrompido a Escudería A. Ferrol porá en marcha a súa proba. Un fito que servirá para homenaxear da mellor forma a todos aquellos que puxeron o seu grao de area durante estes cincuenta anos e así conseguiron situar ao Rallye de Ferrol entre os millores do Campionato de España de Rallyes, e para todos aqueles deportistas que puideron gozar do rallye nalgún destes anos.

Ademáis, esta edición verase reforzada por tomar carácter internacional ao integrarse no TOUR EUROPEAN RALLY, xunto con outros destacados rallyes a nivel europeo. Este campeonato e os seus emprazamentos promociónanse a través dunha ampla cobertura de televisións en todo o mundo, as redes sociais e as plataformas web máis destacadas, os xornais, as revistas e outros medios importantes.

A inclusión nesta nova serie de rallyes foi posible grazas ó apoio decidido e incondicional do principal patrocinador da proba, SUZUKI, e ao duro traballo e negociacións levadas a cabo por RALLYCAR.

Agota todos os membros da Escudería A. Ferrol póñense en marcha para poder ofrecer o mellor espectáculo a todos os aficcionados, e o mellor rallye a todos os equipos que queiran formar parte deste.

O 50 Rallye de Ferrol arrincará o 19 de xullo de 2019 e percorrerá as estradas de Ferrolterra durante as xornadas do venres e sábado.